Rutas


    As paisaxes e o abundante patrimonio cultural fan de Galicia un destino singular, onde poder gozar dunha rica e variada gastronomía, con fama e prestixio pola calidade dos seus produtos.

    Os Consellos Reguladores de Denominación de Orixe avalan os máis altos niveis de calidade destes produtos, entre os que se poden atopar desde lácteos ou carnes ata mel ou a castaña galega.

    Co fin de dar a coñecer esta riqueza gastronómica nace a iniciativa de "Rutas agroalimentarias de Galicia", consistente en diversos itinerarios que permiten gozar do proceso produtivo agropecuario e industrial e da degustación da cociña local. Esta iniciativa consta, nos seus inicios, de catro camiños do sabor:

    • Sabores do Noroeste: As terras do norte gardan entre os seus tesouros, lácteos de gran prestixio como o Queixo de San Simón da Costa ou o Queixo Tetilla, carnes como o Capón de Vilalba ou o Mel de Galicia.
    • Sabores nos camiños: O corazón de Galicia alberga gran variedade de produtos, entre eles, lácteos como o Queixo Tetilla ou o Queixo Arzúa-Ulloa, carnes como o Galo de Vila de Cruces ou a castaña e o mel de Galicia.
    • Sabores do Courel: Terras lucenses onde o Queixo Cebreiro e o mel e a castaña de Galicia farán gozar aos padais máis esixentes.
    • Sabores nas portas de Galicia. O sur de Galicia esconde unha castaña de gran prestixio, tanto polo seu tamaño como polo seu sabor.