Actividades


    As actuacións desta segunda edición do proxecto CANTATA estarán estruturadas en torno as seguintes actividades:

    • Diagnóstico e deseño do produto e da marca “Rutas Agroalimentarias de Galicia”, que comprende a realización dun estudo de mercado sobre as rutas agroalimentarias, proposta de actuación para o desenvolvemento do produto e a elaboración dun decálogo de produto de rutas agroalimentarias.
    • Capacitación e desenvolvemento de produto, para o que se organizan cursos de sensibilización e formación para o persoal das empresas con interese en participar e obradoiros de traballo.
    • Equipamento, promoción e internalización: promoción de marca, páxina web, actividades de marketing e promoción on line (pod casts, realidade virtual, e-books, así como a tecnoloxía Bluetooth para prover de información, a interpretación de lugares e rutas), asistencia conxunta a feiras nacionais e internacionais.

    Como parte da actividade transnacional de CANTATA 2, realízanse actuacións de promoción internacional das rexións socias en eventos clave; visitas de familiarización para prensa e empresarios nas rexións socias; marketing conxunto innovador e uso de ferramentas promocionais dixitais; seminarios de difusión en tódalas rexións; e seminario final de CANTATA 2 que se celebrará en Galicia no ano 2011.