Celébranse os Talleres de creación de produto turístico agroalimentario de Galicia


    Os participantes no proxecto Rutas agroalimentarias de Galicia, tiveron ocasión de participar nos talleres de creación de produto que se celebraron en Vilalba, Palas de Rei, Folgoso do Courel e Riós.

    En cada un dos nodos durante os días 12, 13, 14 e 20 de xullo tiveron lugar os talleres de creación de produto turístico. Estes talleres impartidos pola consultora ITC Ménsula estiveron dirixidos aos interesados en participar en Rutas Agroalimentarias de Galicia, tanto a representantes de organismos, asociacións, establecementos de turismo (aloxamentos, restaurantes) e especialmente as industrias agroalimentarias.

    Nestes talleres, dunha maneira práctica, cada un dos participantes puido traballar o proceso de creación de produto: definición do produto, elementos de seguridade para a creación do produto (espacial, temporal, operación, accesibilidade e prezo), coa finalidade de creación dun produto individual e tamén puideron traballar a creación dun paquete combinado así como as vías de comercialización existentes para polo en valor e a distribución do produto. Así pois, expuxéronse as ideas básicas para dotar de valor engadido ás diferentes empresas que comporán a oferta turística de rutas agroalimentarias.

    Fonte: Agader

    Fecha: 
    21/07/2011