Agader organiza catro talleres de creación e deseño de produtos turísticos no marco do proxecto Cantata 2


    A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) organizou no mes de decembro catro talleres formativos para instruír a profesionais de produtos agroalimentarios na creación e deseño de produtos turísticos de calidade. Estes talleres, que se enmarcan dentro do proxecto Cantata 2, tiveron lugar en Palas de Rei, Vilalba, Folgoso do Caurel e Riós.

    Ademais dos talleres, os cales foron impartidos por unha empresa especializada en turismo gastronómico con ampla experiencia en EE.UU. e España, están previstas xornadas de sensibilización, seminarios e outras accións como a promoción e comercialización das rutas agroalimentarias.

    Fonte: Consellería de Medio Rural

    Fecha: 
    15/12/2010