Áreas de intervención


    Dende un punto de vista da operativa turística, foi necesario facer unha concentración xeográfica da oferta. Por iso, tendo en conta a interacción das actividades agroalimentarias e turísticas relacionadas cos produtos seleccionados como eixo vertebrador, delimitáronse catro áreas piloto de intervención ou nodos, onde os protagonistas principais son os produtores e as empresas.

     

     

    Aínda que Rutas Agroalimentarias de Galicia inicialmente se vai desenvolver nestas zonas piloto, o ámbito de actuación pode ser ampliado dando continuidade á imaxe das rutas.