Presentación


    O proxecto Cantata 2 (Celtic Authentic Niche Tourism in the Atlantic Area 2), cofinanciado polo FEDER a través do Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo - Atlántico, pretende o desenvolvemento integral do medio rural galego mediante un maior aproveitamento do seu potencial local agroalimentario e turístico e a mellora da competitividade das súas pemes, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e á diversificación económica. O proxecto remata o 31 de marzo de 2012 e conta cun orzamento total de 2.279.984 €. Para Galicia está aprobado un orzamento de 511.726 € sendo un 65 % financiado mediante os fondos FEDER.