Preséntase o proxecto Rutas Agroalimentarias de Galicia aos concellos integrantes de cada nodo


    Agader presentou o proxecto rutas agroalimentarias aos alcaldes dos concellos integrantes de cada nodo de actuación piloto.

    Os días 29 e 30 de xuño informouse os alcaldes dos concellos situados nas zonas piloto de actuación nas que se porá en marcha o proxecto Rutas Agroalimentarias de Galicia, sobre os obxectivos, metas e plano de traballo do proxecto, cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo- Atlántico no marco de actuación do proxecto Cantata 2. Este proxecto ten como obxectivo principal a creación dun instrumento estable de cooperación público-privado para promover e desenvolver de maneira integral os recursos agroalimentarios, turísticos e patrimoniais dos territorios ou nodos piloto de actuación.

    O Secretario Xeral de Agader comentou as principais actividades que terán lugar no proxecto e o nivel de execución das mesmas. Ademais explicou a importancia que teñen as institucións na configuración, articulación e mantemento das rutas agroalimentarias, pola súa banda os asistentes mostraron gran interese no proxecto e na cooperación entre institucións públicas e público - privada.

    Fonte: Agader

    Fecha: 
    01/07/2010