Feira do Capón (Vilalba)
A "Feira do Capón" de Vilalba, que nesta ocasión celebrarase o domingo 19 de decembro, conta cuns 1.300 exemplares dos 1.800 animais censados, xa que como é habitual comercialízanse varias unidades antes da feira. Un total de 63 criadores/as de todo o Concello de Vilalba presentarán os seus capóns, que na sua maior parte son da raza label semipesada, fóra dun deles que cría a raza autóctona de Mos.
Na praza da Constitución, como é costume, instalarase unha gran carpa para albergar os capóns. Ademais haberá outros produtos típicos da comarca, como o roscón de Vilalba, o queixo de San Simón da Costa, e outros moitos de gran calidade.
Tamén se poderá degustar este exquisito manxar, xa que a hostalaría vilalbesa colabora coa preparación de tapas a base de capón. Máis de trinta locais participan na súa preparación.
Toda a xornada estará amenizada por grupos folklóricos locais.
Fonte: Concello de Vilalba