Constitúese o Grupo de Dirección Local do proxecto Cantata2
No marco do proxecto Cantata 2 constituíuse un Grupo de Dirección Local (GDL) no que participan Turgalicia, Agader, Secretaría Xeral para o Turismo e a Dirección Xeral de Innovación e Industrias agrarias.
O día 4 de novembro de 2010, celebrouse en Agader a primeira xunta do Grupo de Dirección Local (GDL) do proxecto Cantata 2. O Grupo está constituído por representantes da Secretaría xeral de Turismo, Turgalicia, Dirección Xeral de Innovación e Industrias agrarias e Forestais. Este Grupo de Dirección Local ten como funcións principais a supervisión do progreso do proxecto. Outra das súas funcións é a de coordinar os esforzos, entre os distintos organismos, co fin de aproveitar liñas de colaboración entre as institucións e organismos implicados no desenvolvemento rural, agroalimentario e turismo.
Fonte: Agader