Rutas agroalimentarias de Galicia


    No marco do proxecto CANTATA 2 estase a desenvolver en Galicia un produto turístico innovador “Rutas Agroalimentarias de Galicia”. Enténdese por ruta agroalimentaria un itinerario que permite coñecer e gozar, de forma organizada, do proceso produtivo agropecuario e industrial e da degustación da cociña local.

    A abundancia de produtos agroalimentarios galegos con características singulares, moitos deles amparados baixo unha Denominación de Orixe ou outras figuras de protección da calidade, fai que as posibilidades de desenvolvemento de novos produtos sexa moi ampla. Para a posta en marcha de rutas agroalimentarias seleccionáronse os seguintes produtos: queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (San Simón, Tetilla, Arzúa - Ulloa, Cebreiro), I.X.P. mel de Galicia, I.X.P. castaña de Galicia e aves de curral criadas tradicionalmente (capón de Vilalba e galo de vila de Cruces).