Festa do queixo (Arzúa)


    Festa de exaltación do queixo con Denominación de Orixe Protexida "Arzúa-Ulloa". Aínda que tradicionalmente celébrase o primeiro fin de semana do mes de marzo, este ano, debido á coincidencia das datas coa celebración do Entroido, terá lugar os días 11, 12 e 13 de marzo.

    Ademais de enxalzar o queixo Arzúa-Ulloa, esta festividade permite gozar durante tres días do concurso de tapas e petiscos, talleres, espectáculos audiovisuais, teatro, circo e, como non, da música do Festival do Queixo.

    festa do queixo

    Fonte: Festa do Queixo